Da Creatividade

Cando tiña 9 anos, miña nai recibiu unha carta do colexio na que a miña titora advertíalle do perigo de que tiña “demasiada imaxinación”, de que era demasiado creativa. Esta técnica de pensamento, a creatividade, foi vista polos profesores da miña escola privada de elite coma un arrastre que levaba ao fracaso e ao declive persoal.

Aquelo impresionoume moitísimo (gracias a dios, a miña familia sempre valorou e propiciou a creatividade coma un valor sine qua non un individuo devenía en sano e pasaron ampliamente da misiva). Cómo era posible que se vira a imaxinación/creatividade/maxín coma algo negativo?

“Non xera diñeiro”, dicían.

Na miña mente infantil, aquelo xa soaba a estupidez, xa que percibía todo progreso comao froito da creatividade, ou para que eles o entenderan, cada patente ou produto comercializable. Todo o útil saía dun proceso creativo.

Dinme conta, naquel momento, de que aquelo íbase a convertir no meu cabalo de batalla de por vida.

Quizás é que damos algunhas cousas por sentado e fáltanos un pouco de reflexión para crear novas pautas e hábitos que nos permitan avanzar (ahí é nada).

Así que votemos un vistazo.

CREATIVIDADE

O primeiro que chama a atención é que trátase dun término moi novo, de feito non aparece na RAE ata 1984.

Creatividade

  1. f. Facultade de crear.
  2. f. Capacidade de creación.

Ben, tampouco é que nos saquen moito de dudas …

O conceto de creatividade é unha construcción cultural, sen embargo trátase dun talento que está ahí, en nós, desde sempre, ainda que non lle fixésemos moito caso.

Sempre despreciada, a creatividade só se lle concedía aos poetas na Grecia clásica; e na Roma – base da nosa cultura – tampouco ian moito más aló: só os poetas e os artistas pertencían ao grupo dos que tiñan a imaxinación en común.

Na Idade Media, as cousas empeoran e introdúcese o concepto de Fantasía que, según San Agustín, era unha habilidade inferior máis relacionada coa sensibilidade que co entendemento. Non se me escapa esta connotación hiperantropocéntrica e patriarcal da contraposición progreso/tecnoloxía/ciencia – superior, positiva e masculiña – versus creatividade/imaxinación/arte/fantasía – inferior, negativa e femeniña.

E xa a tíñamos liada.

Certo é que tivemos, ao meu entender, un periodo de progreso con respecto á percepción da creatividade no Renacimento, en donde potenciábase o individuo consciente, preparado e creativo (quizás sexa Leonardo o arquetipo dese ser renacentista: multifacético, orixinal, observador e curioso … e extremadamente imaxinativo). Pero a historia foi rodando cara ao positivismo, e ese avance social do valor “creatividade” – habilidade presente en todas as persoas – freouse en seco, aplicándoselle o sanbenito de caracter negativo, propio de artistas, bohemios e maleantes, que non produce nada de valor.

Ainda que a partires de mediados do século XX empezouse a estudar e afondar nos procesos creativos, en termos xerais, o carácter ben empresarial ben marketero da creatividade acortan o campo de alcance de semellante arma mental estratéxica.

Sen embargo, a creatividade é o raseiro que nos face iguais. Todos temos a capacidade de conectar ideas existentes e xerar algo novo, unha respuesta útil e orixinal que resolve un problema. Leonardo era sen dúbida creativo, pero a miña aboa montando unha cena incrible co que había na neveira, tamén.

 

 

Vivimos un momento moi complicado, e o panorama que se aveciña, moi posiblemente, o sexa máis – por desgracia. Estos novos tempos demandarán de todos nós unha nova visión da realidade e unha adaptación máxima ás circunstancias cambiantes. Será necesaria unha visión fresca e eficaz de todos os ámbitos de noso aquí e agora: o medio ambente, a economía, os procesos laborais e incluso, a sociedade mesma; analizar a situación e desenroar solucións creativas que nos permitan avanzar.

Temos unha gran ferramenta sobre os hombros, non a desaproveitemos.